Concello de Mugardos

Actualidade /

Ábrese o prazo de inscrición no programa "Un día no mar salgado"

Publicada o 31 de Outubro de 2006 en Deportes

A Concellaría de Deportes informa que até o martes día 7 de novembro permanecerá aberto o prazo de inscrición para participar no programa “UN DÍA NO MAR SALGADO”, patrocinado pola Deputación da Coruña, e que ten como obxectivo achegar o mundo mariño e a navegación aos máis novos. As inscricións poden formalizarse na Oficina Municipal de Información Xuvenil, no baixo do Concello.

  • Lugar: Baía da Coruña.
  • Duración: unha xornada de 4 horas, entre as 10:00 e as 14:00 horas.
  • Destinatarios: rapaces e rapazas de entre 9 e 14 anos, ambos inclusive.
  • Cota de inscrición: 8 €.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2009 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS