Concello de Mugardos

Actualidade /

Política Territorial confirma a licitación dun novo tramo de beirarrúas

Publicada o 19 de Setembro de 2006 en Obras

O Concello de Mugardos comunica que acaba de recibir a confirmación, por parte do delegado provincial da Consellaría de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galiza, señor Jacinto Parga, de que xa está en marcha o proceso de licitación das obras de mellora do tramo Rilo-Franza da estrada AC-122, consistentes na reposición do firme, actualmente moi deteriorado, e no cambio da senda existente por outra máis ancha e con beiril. O inicio dos traballos prevese para antes de fin de ano.

O delegado comunicou así mesmo que se atopa en fase de redacción o proxecto das beirarrúas da AC-133 ao seu paso por San Xoán de Piñeiro, que será contratado tamén antes de que remate o ano.

Este anuncio súmase á recente adxudicación por parte da Xunta do tramo de beirarrúas Mugardos-Rilo. Todas estas actuacións, que responden a unha demanda histórica da cidadanía de Mugardos, suporán un paso importantísimo para solucionar o problema da falta de seguridade viaria nas estradas de titularidade autonómica que viña padecendo o noso concello.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS