Publicada o Mércores 28 de Maio de 2008 en Deportes
A Concellaría de Deportes do Concello de Mugardos informa da adhesión á I FESTA DO DEPORTE, organizada pola Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galiza, a través da Dirección Xeral para o Deporte e da Fundación Deporte Galego, e que se desenvolvera nos concellos de Galiza, entre eles Mugardos.
Esta iniciativa consiste nunha festa lúdico-deportiva e popular aberta á participación de todas/os, adaptando as actividades ás características das/os participantes, co obxecto de fomentar a participación e non tanto a competición. Os obxectivos son:
- Fomentar a práctica físico deportiva
- Incidir na importancia da práctica físico deportiva como elemento de mellora da saúde, das relacións sociais, como elemento de comunicación na sociedade, etc.
- Transmitir que a actividade física e o deporte é un elemento de partición cidadá, de todas as idades, condicións sociais, etc.
- Agrupa nunha data todas as iniciativas que individualmente veñen facendo os concellos e dar a coñecer a oferta de actividades deportivas.
- Difundir os valores propios do deporte: compañeirismo, respecto cara os demais, vida saudábel, etc.
- Motivar a participación de todo a cidadanía.
I FESTA DO DEPORTE
- Data: Domingo 8 de xuño de 2008
- Horario: de 10:30 a 13:30 horas
- Lugar: Pavillón municipal do Cristo
- Actividades que se van realizar: básket 3×3, patinaxe, tiro con arco, remo, hóckey, chave, karate e fútbol na rúa 3×3.
A Concellaría de Deportes segue a xestionar e implicar as diferentes entidades deportivas do municipio no desenvolvemento desta actividade.