Publicada o Mércores 28 de Maio de 2008 en Mocidade, Deportes, Cultura
A Concellaría de Cultura, Deportes, Ensino, Mocidade e Política Lingüística informa dos programas concedidos a este Concello pola Deputación provincial da Coruña para este verán:
- CAMPAMENTOS DEPORTIVOS: golf, vela de cruceiro, tenis, volei praia…
- Lugar: A Coruña, Colexio Calvo Sotelo
- Duración: unha semana, de domingo a sábado
- Quenda: 4ª, do 20 ao 26 de xullo
- Idade dos participantes: entre 9 e 13 anos, cumpridos na súa quenda
- Cota de inscrición: 85€
- Prazo de pre-inscrición: até as 14:00 horas, do xoves 19 de xuño
- Sorteo: ás 14:00 horas do 19 de xuño, na OMIX.
- CAMPUS DE FÚTBOL: técnica, táctica, xogo, adestramento de porteiros…
- Aloxamento: IES Cruceiro Baleares (Culleredo)
- Lugar actividade: Instalacións deportivas da Torre (A Coruña)
- Duración: unha semana, de domingo a sábado
- Quenda: 1ª, do 29 de xuño ao 5 de xullo
- Idade dos participantes: entre 9 e 13 anos, cumpridos na súa quenda
- Cota de inscrición: 75€
- Prazo de pre-inscrición: até as 14:00 horas, do xoves 12 de xuño
- Sorteo: ás 14:00 horas do 12 de xuño, na OMIX.
- VIVIR O MUNDO: VIVIR EUROPA
- EXPO ZARAGOZA 2008
- Lugar: Zaragoza
- Duración: do 9 ao 13 de xullo
- Quenda: 7ª
- Idade dos participantes: entre 10 e 14 anos, cumpridos na súa quenda
- Cota de inscrición: 85€
- Prazo de pre-inscrición: até as 14:00 horas, do venres 20 de xuño
- Sorteo: ás 14:00 horas do 20 de xuño, na OMIX.
Para máis información e pre-inscricións cómpre dirixirse á OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN XUVENIL, en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas. Teléfono: 981 470 338; ext. 3, fax: 981 472 202, enderezo electrónico: cultura@mugardos.dicoruna.es.