Concello de Mugardos

Actualidade /

Organízase o programa de envellecemento activo "Unha ponte no tempo"

Publicada o 15 de Maio de 2008 en Asuntos Sociais

A Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Sanidade está a desenvolver un programa de envellecemento activo denominado Unha ponte no tempo, que quere pór en valor os xogos populares recollidos entre a xente maior do concello e que sexa o alumnado quen os recupere, analice e practique coa inestimábel colaboración da xente maior.

Con esta actividade xéranse espazos de encontro entre a xente maior e a máis nova, ademais de recuperar e pór en valor o xogo como parte do noso patrimonio inmaterial.

Está financiada cunha achega da Deputación provincial, e na mesma colaboran os centros de ensino de Mugardos, Unión Mugardesa, Loyola, IES de Mugardos e Santiago Apóstolo de Franza, así como a Liga Comarcal de Chave.

A actividade vense desenvolvendo dende o mes de marzo, e terá un acto central día 12 de maio no Campo dos Carneiros e na pista polideportiva das Casas Baratas. No caso de mal tempo trasladarase ao Pavillón polideportivo do Cristo. O horario será de 10 a 13:30 e estará dirixido a todo o alumnado da educación primaria e 1º e 2º da ESO e toda a xente maior que queira participar.

Desde a Concellaría estimamos en máis de 400 persoas as participantes.

Por último realizarase unha recollida de xogos coas súas fichas e fotografías coa que se editará unha memoria da actividade.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS