Investiranse 52.000 euros no amaño de diversos camiños
Publicada o 26 de Marzo de 2008 en Obras
A Concellaría de Obras comunica que acaba de recibir unha subvención de 52.000 euros da Consellaría do Medio Rural da Xunta de Galiza para acometer o amaño de diversos camiños de titularidade municipal.
As vías que se verán melloradas son O Lodairo-A Gallada, a paralela á farmacia do Seixo, Beiramar, Celso Emilio Ferreiro-O Redondo, Bordocedo, As Lagoas, Souto da Cana, A Regueira-San Vitorio e a paralela á Redonda. As dúas primeiras só tiñan unha capa de zahorra, mentres que as demais, aínda que asfaltadas, xa requirían un rego para permitir o tránsito rodado en boas condicións.
Esta actuación, que vai supoñer unha importante mellora nos camiños do noso concello, vense sumar a unha levada a cabo recentemente na zona do Galiñeiro, neste caso consistente na mellora do firme con aglomerado en quente.
