Ábrese o prazo para solicitar a exención de taxas
Publicada o 3 de Xaneiro de 2008 en Servizos, Asuntos Sociais
A Concellaría de Benestar Social, Igualdade e Sanidade comunica que está aberto o prazo de presentación de solicitudes para a exención das taxas da auga, o lixo e os sumidoiros. Xa que a exención nas taxas debe renovarse anualmente, quen o solicite poderá facelo no Departamento de Servizos Sociais na Casa do Concello de Mugardos, até o 23 de febreiro do ano 2008, acreditando os seguintes documentos:
- Fotocopia do DNI.
- Recibo da auga, lixo ou sumidoiros.
- Certificado de convivencia.
- Xustificante de ingresos de toda a unidade familiar.
- Recibo do alugueiro/hipoteca de ser o caso.
