Impártese un curso de condución eficiente para persoal do Concello
Publicada o 6 de Novembro de 2007 en Medio Ambiente
A Concellaría de Medio Ambiente comunica que estes días 6 e 7 de novembro estase a impartir, a través da Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña e coa subvención do Instituto Enerxético de Galiza, un curso de condución eficiente de vehículos turismo para persoal do Concello de Mugardos, así como para integrantes de Protección Civil e membros da corporación, cun total de 24 persoas apuntadas.
O curso ten unha duración de 2 horas, cun máximo de 4 alumnos/as por sesión, e consiste nunha parte teórica e noutra práctica. Nel ensínanse técnicas de condución eficiente que permiten aforrar até un 15% de combustíbel, e polo tanto reducir as emisións contaminantes dos vehículos.
É intención da FAEPAC estender estes cursos, que polo de agora se están impartindo en institucións, ao conxunto da poboación. Pode obterse máis información no teléfono 981 102 111 e no correo-e info@faepac.org.
