Organízase un seminario para a difusión de creación de empresas
Publicada o 5 de Outubro de 2007 en Emprego
A Concellaría de Promoción Económica organiza un “Seminario para a difusión de creación de empresas” en colaboración co IGAPE e BIC GALICIA o vindeiro 19 de outubro ás 17:00 horas no Salón de Plenos do Concello.
Os seminarios para a difusión da creación de empresas son unha acción de sensibilización e difusión encadrada no marco de apoio á innovación que fai o IGAPE a través do seu Programa de Emprendedores e que son desenvolvidos por BIC GALICIA.
Os obxectivos dos mesmos son difundir como se xeran as ideas empresariais, romper mitos sobre as persoas que crean empresas e amosar a través de vivencias persoais de emprendedores que calquera persoa pode desenvolver un proxecto empresarial.
Este seminario está dirixido principalmente á xente nova, estudantes, traballadores en activo, desempregados/as, e en xeral, a todas aquelas persoas con inquietudes empresariais.
Para asistir ao mesmo poderán inscribirse até o día 16 de outubro na Axencia de Desenvolvemento Local do Concello de Mugardos en horario de 9:00 a 14:00 horas, ou ben chamando por teléfono ao número 981470338 (Ext. 8).
