Concello de Mugardos

Actualidade /

Asínase o convenio para ampliar a rede de augas de Mugardos

Publicada o 11 de Setembro de 2006 en Obras

Este luns 11 de setembro celebrouse a sinatura do convenio coa Consellaría do Medio Rural para acometer a primeira fase da ampliación do abastecemento de auga ás parroquias de Franza e San Xoán de Piñeiro. O documento foi asinado na Coruña por Olga García Agra, delegada provincial, e Moisés Rivadulla, alcalde accidental de Mugardos, e insírese no Programa Estratéxico de Infraestruturas no Medio Rural que está a levar a cabo a Consellaría.

A actuación, cun orzamento de 470.211,23 €, dos que o Concello achega 320.211,23 e a Xunta de Galiza 150.000, consistirá na instalación dunhas bombas de impulsión que permitirán levar o subministro desde o Seixo até o depósito xa existente en Franza, e deste ao futuro depósito de San Xoán.

Lembramos igualmente que, ao abeiro do Plano Operativo Local da Deputación da Coruña, neste mes de setembro iniciaranse as obras de ampliación do abastecemento de auga á parroquia de Franza, consistentes na conexión á rede das vivendas situadas entre a rotonda da vía rápida e A Gallada (na beira da estrada xeral), así como parte dos ramais de San Vitorio e O Morteirado.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS