130 rapaces e rapazas volven visitar o parque acuático de Cerceda
Publicada o 4 de Xullo de 2007 en Deportes
A Concellaría de Deportes comunica que, por segundo ano consecutivo e no marco do programa de actividades de verán, organizou unha visita ao parque acuático de Cerceda este mércores 4 de xullo. Anotáronse 150 persoas, das que 130 son menores de idade e 20 adultos acompañantes. O Concello faise cargo do transporte e as entradas. En cada autocar vai un monitor acompañante responsábel do grupo.
A excursión saiu de Mugardos ás 10:30, parando a recoller xente en Rilo, Franza e O Seixo, cun regreso previsto para as 20:00.
Esta actividade está a ter unha gran aceptación, xa que na primeira edición participaron 100 persoas, un número que se incrementou notabelmente desta volta.
