Preséntase o programa de actividades na natureza "Por terra, mar e aire"
Publicada o 18 de Abril de 2007 en Deportes
A Concellaría de Deportes presenta un ano máis o programa de actividades na natureza “Por terra, mar e aire”, que organizan conxuntamente os concellos de Mugardos e Ares e se desenvolverá durante os meses de abril, maio e xuño. As actividades son as seguintes:
- 28 e 29 DE ABRIL: XORNADA DE ACHEGAMENTO AO KITESURF. CON TÁBOA E COMETA A VER QUEN TE RETA!
- Horario: de 10:00 a 18:00 sábado e domingo. Quendas de 2h/grupo/día.
- Descrición da actividade: cursiño de achegamento o kitesurf (cometa e táboa) de catro horas de duración. Disporanse monitores titulados e materiais necesarios. Límite de 16 prazas, divididos en 4 grupos de 4 practicantes. Segundo as condicións do vento farase nas praias de Ares ou Mugardos. Inscricións até as 20:00 do xoves 26, nos respectivos Concellos.
- Material necesario: bañador, camiseta, toalla.
- 5 DE MAIO: INICIACIÓN Á CANOA POLA RÍA DE MUGARDOS. DESFRUTA DA RÍA!
- Horario: pola mañá, de 10:00 a 13:30.
- Descrición da actividade: breves explicacións prácticas sobre o manexo das canoas para os noveles. Práctica con monitores. Realización ao remate da xornada dunha pequena travesía pola ría de Mugardos con paradas en paraxes pintorescos (A Redonda, Bestarruza…). Dispomos de neoprenos para cada alumno. Límite de 20 prazas. Inscricións até as 20 h. do xoves 3 de maio.
- Material necesario: chancletas, pantalón curto, camiseta, toalla, viseira.
- 12 DE MAIO: INICIACIÓN Á CANOA POLA RÍA DE ARES. DESFRUTA DA RÍA!
- Horario: pola mañá, de 10:00 a 13:30.
- Descrición da actividade: breves explicacións prácticas sobre o manexo das canoas para os noveles. Práctica con monitores. Realización ao remate da xornada dunha travesía pola Ría de Ares con paradas en paraxes pintorescos (Mourón, Redes…). Dispomos de neoprenos para cada alumno. Límite de 20 prazas. Inscricións até as 20:00 do xoves 10 de maio
- Material necesario: chancletas, pantalón curto, camiseta, toalla, gorra.
- 13 DE MAIO: ROTA DE SENDEIRISMO. SENDARES!
- Horario: inicio da actividade ás 9:30 da mañá dende a Alianza Aresá de Ares.
- Descrición da actividade: recollida de firmas e entrega de material explicativo da rota. Inicio da marcha que percorrerá polos Concellos de Mugardos e Ares de 25 km. aprox., rematando na Alianza Aresá. Disporanse avituallamentos durante a marcha, un punto de encontro e asistencia permanente. Límite de 200 prazas. Inscricións até o venres 11de maio, nos respectivos concellos, e até media hora antes da saída no caso de dispor de prazas. Dificultade media.
- Material necesario: botas de montaña ou calzado forte, chuvasqueiro, mochila pequena.
- 19 e 20 DE MAIO: XORNADA DE ACHEGAMENTO AO WINDSURF. NAVEGA A TODA VELA!
- Horario: de 10:00 a 18:00 sábado e domingo. Quendas de 2h/grupo/día.
- Descrición da actividade: cursiño de achegamento ao windsurf (táboa e vela) de catro horas de duración. Disporanse monitores titulados e materiais necesarios. Límite de 24 prazas, divididos en 4 grupos de 6 practicantes. Inscricións até as 20:00 do mércores 16, nos respectivos concellos. Segundo as condicións do vento farase nas praias de Ares ou de Mugardos.
- Material necesario: bañador, camiseta, toalla.
- 20 DE MAIO: ROTA A CABALO. A CABALO REGALADO…!
- Horario: polo serán, de 17:00 en adiante.
- Descrición da actividade: rota a cabalo polos arredores do Belelle e da Granxa-Escola Pename de Neda. Dous grupos de 7 persoas máximo por grupo. Inscricións até as 13:00 do 18 de maio.
- Material necesario: roupa cómoda, calzado axeitado.
- 3 DE XUÑO: ROTA DE BTT. ENTRE DÚAS RÍAS!
- Horario: inicio da actividade ás 9:30 e remate ás 14:00 horas.
- Descrición da actividade: rota en bicicleta de montaña “Entre dúas Rías”, que transcorre polo Golfo Ártabro pasando por diferentes lugares dos concellos de Ares e Mugardos, cuns 45 km. de percorrido, de dificultade media-alta. A saída e a chegada farase dende o Pavillón Deportivo de Mugardos, onde ao remate haberá unha pinchada así como unha entrega de recordos aos participantes. Límite de 200 prazas. Avituallamentos e asistencia en rota. Inscricións até o venres 1 de xuño nos respectivos concellos, e até media hora antes da saída no caso de non cubrir as prazas existentes.
- Material necesario: bicicleta, casco.
- 17 DE XUÑO: ROTA A CABALO. A CABALO REGALADO…!
- Horario: tarde, de 17:00 en adiante.
- Descrición da actividade: rota a cabalo polos arredores do Belelle e da Granxa-Escola Pename de Neda. Dous grupos de 7 persoas máximo por grupo. Inscricións até as 13:00 do venres 15 de xuño.
- Material necesario: roupa cómoda, calzado axeitado.
IDADE DOS/AS PARTICIPANTES: de 14 anos en adiante (a partir de 12 anos con autorización dos titores), agás nas rotas de sendeirismo e BTT, onde será preciso ter os 15 anos cumpridos ou que se cumpran antes do remate do 2007. Nas actividades de kitesurf, windsurf e canoa deberán saber nadar.
INSCRICIÓNS: nas OIX dos Concellos de Ares (Alianza) e Mugardos (OIX Municipal). Máis información nos tel. 981448057, de luns a venres de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00, e no 981470338 ext. 3, de luns a venres de 8:00 a 14:00. Límite de prazas.
PREZOS: Os ingresos realizaranse facendo constar o nome da persoa participante, así como a actividade na que participa, e enviar xustificante por fax a unha das oficinas municipais organizadoras. No apartado de prezos hai que engadir o que está subliñado:
-Sendeirismo “Sendares”: 6 € na conta 2091-0205-39-3040013055 de Caixa Galicia
-BTT “Entre dúas rías” 10 € (non federados 18 €) na conta 2091-0222-47-3040015227 de Caixa Galicia
-Canoa: 10 € c/u na conta 0182-5260-91-0000038309 do BBVA
-Rota a cabalo: 8€ c/u ( págase en efectivo antes de cada rota)
-Xornada de achegamento ao kitesurf e ao windsurf:25 € c/u na conta
2100 1453 22 02 00140523 de La Caixa.
