Concello de Mugardos

Actualidade

Formúlase a proposta de adxudicación da auga de San Xoán de Piñeiro

Publicada o Mércores 18 de Abril de 2007 en Obras

A Concellaría de Obras comunica que a mesa de contratación do Concello de Mugardos, celebrada o mércores 18 de abril, acordou propoñer a adxudicación da obra de abastecemento de auga a San Xoán de Piñeiro (1ª fase, tramo A Gallada-Camiño Grande), á empresa Aquagest, a que presentou a oferta máis baixa, 167.677,85 €. Esta actuación está financiada integramente con fondos municipais. A Xunta de Goberno Local prevé adxudicala de xeito definitivo na súa vindeira sesión.

O prazo de execución das obras a partir do seu inicio estímase en dous meses, co que este servizo básico poderá entrar en funcionamento no verán.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2008 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS