Concello de Mugardos

Actualidade /

O Concello obtén a cesión definitiva da parcela da Casa da Cultura

Publicada o 19 de Febreiro de 2007 en Urbanismo, Cultura

O Concello acaba de recibir a comunicación, por parte do Instituto Galego da Vivenda e Solo, da cesión gratuíta da parcela onde se sitúa a Casa da Cultura, na rúa Fene.

O expediente de cesión iniciárase xa en 1992, aínda que estaba sen finalizar. O actual goberno municipal decatouse de que esta propiedade non figuraba no inventario do Concello, e retomou hai case que dous anos os trámites, que culminan agora na resolución do IGVS do 13 de febreiro de 2007, pola que se cede definitivamente a parcela ao Concello.

Tanto o alcalde, Xosé Fernández Barcia, como o concelleiro de Cultura, Evaristo Deus, amosaron a súa satisfacción por esta cesión, e achacaron o retraso de quince anos ao desleixo de anteriores responsábeis municipais, que se desentenderan deste importante expediente.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS