Concello de Mugardos

Actualidade /

Frétase un autobús para asistir ao Deportivo-Espanyol

Publicada o 18 de Xaneiro de 2007 en Deportes

A Concellaría de Deportes organiza unha viaxe para 50 menores de 18 anos do Concello de Mugardos para ver no Estadio de Riazor, o domingo 21 de xaneiro ás 17:00 horas, o partido de liga de 1ª división que enfrontará ao Deportivo da Coruña co Espanyol de Barcelona.

O autocar sairá ás 15:30 desde a Casa do Concello, e regresará ás 20:30.

As persoas interesadas poden anotarse na Oficina Municipal de Información Xuvenil (981 47 03 38 ext.3) en horario de 9:00 a 14:00. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS