Concello de Mugardos

Actualidade /

O Club do Mar conquista cinco medallas no Campionato Galego de Remoergómetro

Publicada o 16 de Xaneiro de 2007 en Deportes

A edición deste ano do Campionato Galego de Remoergómetro, celebrado o domingo 14 de xaneiro en Mugardos, no Pavillón do Cristo, deparou un total de cinco medallas ao Club do Mar, que tamén entrou no podio en dúas categorías por equipos.

Nas categorías individuais, David Rodríguez quedou segundo en Alevín Masculino. Tamén lograron a prata Lourdes Fernández, en Xuvenil Feminino, e Alexandra Pena, en Sénior Feminino. Judit Maroño e Carlos Pérez obtiveron o bronce en Cadete Feminino e Cadete Masculino, respectivamente.

Na competición por equipos, o Club do Mar foi segundo en Alevíns Masculinos, cun tempo de 2.02.2, sendo superado tan só polo CR San Felipe. Os mugardeses ocuparon a primeira praza na categoría de Cadetes Masculinos, cunha marca de 6.16.5.

Estes excelentes resultados, clasificatorios para os campionatos estatais, amosan a boa saúde dun deporte, como é o remo, que goza dunha importante tradición na nosa vila, e que ten por diante un futuro de éxitos.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS