Organízanse unhas xornadas de prevención da violencia sexista nas aulas
Publicada o 16 de Xaneiro de 2007 en Muller
Os vindeiros días 17 e 18 de xaneiro van ter lugar no IES de Mugardos unhas xornadas de “Prevención da violencia de xénero desde as aulas”.
Estas xornadas, organizadas desde a Concellaría de Asuntos Sociais, Muller e Sanidade en colaboración co Instituto e o resto de centros educativos do Concello, así como coas súas respectivas ANPAs, están dirixidas a formar os profesores/as e mestres/as en materia de prevención da violencia de xénero, aínda que calquera persoa interesada polo tema poderá acudir ás mesmas.
O horario será de 16:30 a 20:30.
