Aberto o prazo de inscrición para a campaña de esquí de 2007
Publicada o 15 de Xaneiro de 2007 en Deportes
A Concellaría de Deportes informa que xa está aberto o prazo de inscrición para o programa da Deputación da Coruña “Campaña de esquí 07”, que terá lugar na estación invernal de Candanchú (Huesca), con aloxamento no hotel de 3 estrelas Oroel (Jaca), a 28 km da estación.
O prazo rematará o vindeiro 14 de febreiro. Caso de haber máis solicitudes que prazas procederase a facer un sorteo público.
A duración da actividade é do 3 ao 10 de marzo. A saída será o sábado 3 marzo.
O grupo estará formado por 9 rapaces/as de 10 a 13 anos. Pódense formalizar as inscricións e obter máis información na Oficina Municipal de Información Xuvenil, no baixo do Concello.
