Organízase un festival infantil para o domingo 7
Publicada o 4 de Xaneiro de 2007 en Cultura
Este domingo 7 de xaneiro, a Asociación Veciñal Montefaro de Mugardos organiza, coa colaboración do Concello, un festival infantil a partir das 18:00 no Pavillón do Cristo.
Actuarán o grupo de teatro e xogos na rúa Picompé, coa súa obra A dragoa e o cabaleiro, e mais o grupo de títeres e contacontos Ghazafelho, que ofrecerá o espectáculo A polo rato Pérez.
A entrada é libre e de balde. A Asociación Montefaro xa ten organizado nos últimos tempos varias actividades de lecer dirixidas aos máis novos, que veñen complementar a súa oferta cultural e deportiva, na que destacan as rotas de sendeirismo.
