5 de xaneiro [Mugardos]
Cabalgata dos Reis Magos de Oriente e festa infantil de recepción das súas maxestades no Pavillón Municipal.
Luns, Martes e Mércores de Entroido [Praza do Mercado, Mugardos]
Un certame de comparsas Percorre as rúas desde o Casino Mugardes ata a Praza do Mercado, onde se organizan actuacións e se ofrecen as orellas típicas destas datas.
Noite do 18 de marzo, véspera de San Xosé [Mugardos]
A Rondalla Mugardesa cántalle ás Pepitas. Tamén se celebra un Festival Comarcal organizado polo Casino Mugardés e o Concello.
Martes de Pascua de Pentecostés [Praia e ermida de Chanteiro, Ares]
Romaría popular que celebran conxuntamente os Concellos de Mugardos e Ares, os martes de Pentecostes, na ermida de Nosa Señora da Mercé en Chanteiro; en agradecemento á Virxe da Mercé, protectora da zona cando esta foi asolada pola peste.
Día da Ascensión [Capela da Ascensión, Lodairo (Piñeiro)]
Romaría dedicada á Virxe da Ascensión, celebrada no mes de xuño. A semana anterior hai novena, ás que todas os feligreses acoden. O día da Ascensión é cando a xente se reúne no souto dos arredores da capela e celebran o día da Virxe.
Día de San Xulián [San Xulián de Mugardos]
Importante celebración, San Xulián é o patrón de Mugardos. Festa local que se celebra o sete de xaneiro, cunha verbena popular ó aire libre.
23 de xuño [San Xoán de Piñeiro]
Festa popular celebrada con fogueiras con intención purificadora; hoxe en día permanece intacta con distintas intencións. Celébrase na parroquia de San Xoán de Piñeiro a noite do 23 de xuño cunha luminaria e os dous días de verbena no campo de fútbol.
primeira semana de xullo [A Pedreira (Meá)]
Degustación gastronómica de ameixas da ría.
Venres, Sábado e Domingo da semana do 16 de xullo [Peirao de Mugardos]
Festas na honra á Virxe do Carme que se celebran a finais de xullo, realizándose o domingo das festas unha procesión marítima pola ría na que os pescadores acompañan á Virxe no percorrido. O día anterior hai que destacar a festa gastronómica do polbo, o produto máis típico do Concello de Mugardos, que se celebra no Cantón de Cora durante todo o día no que a xente pode degustar o “polbo á mugardesa” ademais de divertirse coas charangas.
Fin de semana posterior ao das Festas do Carme [Peirao de Mugardos]
Actuacións de grupos folclóricos de tódolos países e culturas do mundo.
24, 25 e 26 de xullo [Beiramar, O Seixo (Santiago Apóstolo de Franza - O Seixo)]
O 24 realízase unha grande queimada, o 25 é o día grande das Festas e o 26 celébrase Santa Ana.
Dentro das Festas de Beiramar [Beiramar, O Seixo (Santiago Apóstolo de Franza - O Seixo)]
Comida campestre e concurso de cabanas, onde gañará a máis "pachangueira".
Venres máis próximo a San Martiño [Praza do Mercado, Mugardos]
Unha festa tradicional en Galicia: asado de castañas e sardiñas, viño e son de gaitas.