Concello de Mugardos

Concello / Departamentos Técnicos /

Servizos Sociais

Traballo Social

Correo-e:

Funcións:

No Departamento realízanse, entre outras, as seguintes xestións:

  • Información, asesoramento e xestión de recursos, axudas, prestacións, pensións
  • Programa de intervención sociocomunitaria
  • Servizo de axuda no fogar e teleasistencia domiciliaria
  • Programa para as persoas con discapacidade
  • Programa de eliminación de barreiras arquitectónicas e accesibilidade

Psicoloxía e Educación Familiar

Correo-e:

Funcións:

No Departamento realízanse, entre outras, as seguintes xestións:

  • Programa de intervención sociocomunitaria
  • Servizo gratuíto de asesoría xurídica para mulleres
  • Programa de intervención familiar
  • Programa de intervención social con adolescentes (PREMUVI)
  • Programa de acollemento familiar temporal de nenos e nenas saharauis
  • Programa de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres
  • Escola Infantil Municipal "As Lagoas" (0-3 anos)

Animación Sociocultural

Correo-e:

Funcións:

A función da animadora sociocultural é dinamizar o tecido social e cultural do municipio de Mugardos, coordinando e programando distintas actividades e tratando sempre de colaborar e apoiar naquelas que, á marxe do Concello, organicen as asociacións do municipio.

Actividades

Actividades para os maiores de 55 anos do municipio de Mugardos

  • Actividades de inverno (xaneiro-maio)
  • Obradoiro de memoria
  • Obradoiro de psicomotricidade
  • Obradoiro de lectura e escritura
  • Obradoiro de teatro
  • Piscina
  • O mes de novembro dedícase a facer conferencias sobre temas de interese para os maiores, rematando cunha obra de teatro.

Actividades de verán

  • Encontro dos Maiores no «Parque de Beiramar» no Seixo. Este encontro consiste en pasar un día de lecer cos nosos veciños das distintas parroquias acompañados dunha merenda e música, e así compartir inquedanzas (agosto).

Actividades da Xunta e IMSERSO (xestionadas polo Concello)

  • Balnearios (Xunta, IMSERSO) mes de xaneiro até maio.
  • Vacacións do IMSERSO e intercambios culturais (marzo, abril aprox.)

Administración

Teléfono: 981 470 338

Correo-e:

Funcións:

  • Tramitación administrativa dos recursos, axudas, prestacións, exención de taxas (auga, lixo e sumidoiros), tarxetas de estacionamento para persoas con minusvalía, servizo de axuda no fogar e teleasistencia domiciliaria
  • Envío de condolencias aos concellos e familiares das mulleres vítimas por violencia de xénero
  • Reserva de matrícula da Escola Infantil Municipal
  • Recollida e envío de reclamacións polas listas de espera na sanidade pública
  • Instrución de procedementos sancionadores relacionados coa tenencia ilícita de animais perigosos
  • Xestión administrativa das denuncias de fincas en mal estado, denuncias sobre verquidos, denuncias sobre animais soltos ou sen control, denuncias sobre vehículos abandoados, servizo de lacería, servizo de desratización, plagas e talas forestais.

Consellería de Innovacion e Industria

Páxina subvencionada pola Consellería de Innovación e Industria

© 2006-2010 Concello de Mugardos. Todos os contidos mostrados nesta páxina pertencen ao Concello de Mugardos.

XHTML 1.0, CSS, WAI-AAA, RSS