Concello / Departamentos Técnicos /
Policía Local
Oficina da Policía Local
Contacto
Teléfono: 629 41 69 69
Funcións:
A continuación relaciónanse algunhas das funcións ou tarefas que de xeito cotián desenvolven os axentes da Policía Local de Mugardos, ademais do estabelecido de forma xenérica pola LEI ORGÁNICA 2/1986 de 13 marzo de Forzas e Corpos de Seguridade do Estado:
Policía administrativa en materia de elaboración de informes de:
- Convivencia
- Residencia
- Medios patrimoniais
- Actividades empresariais
- Baixas e altas nos padróns de servizos (auga, sumidoiro, lixo)
- Obxectos perdidos
Medio ambiente:
- Denuncias de fincas en mal estado
- Denuncias sobre vertidos
- Denuncias sobre animales libres o sin control
- Denuncias sobre vehículos abandonados
- Seguimento sobre servizo de lacería
- Seguimento sobre servizo de desratización
- Seguimento sobre talas forestais
- Colaboración na extinción de incendios forestais
Urbanismo e Industria
- Seguimento sobre infraccións urbanísticas
- Expedientes de actividades tóxicas, insalubres, nocivas ou perigosas
- Control e seguimento sobre as Resolucións da Alcaldía no que respecta a cuestións urbanísticas
- Asistencia e control sobre demolicións
- Seguimento sobre obras menores
- Informes sobre edificios ou vivendas en ruínas
Obras
- Elaboración de listados de colidantes para a realización de obras por parte do Concello e outras administracións
- Colaboración co persoal técnico e político do Concello no seguimento das obras
Ensino
- Organización e desenvolvemento de Cursos de Educación Viaria
Cultura e Deportes
- Colaboración na planificación e desenvolvemento de actividades culturais
- Colaboración na organización e ubicación das atraccións das festas do verán.
Servizos
- Realizar estudos e propostas sobre a regulación do tráfico
- Información e seguimento sobre pasaxes permanentes
- Información sobre accidentes con danos aos bens públicos
- Control sobre accesos, venda e limpeza do Mercado Municipal
- Seguimento e control do mercadillo dos xoves, incluído o emprazamento de postos e requisitos legais dos vendedores
- Presenza nos centros escolares ás horas de saída do alumnado
- Colaboración coa Policía Nacional na renovación do DNI
Asuntos Sociais
- Colaboración co persoal técnico e político no desenvolvemento e seguimento de programas ou cuestións de carácter social (toxicomanías, malos tratos, conflitos de familia, etc.)
- Prestación de auxilio a persoas que requiren atención médica urxente (traslado a centros de saúde, solicitudes de ambulancias, etc.)
Colaboración con outras institucións
- Procesos electorais
- Cobranza de tributos
- Localización de persoas en caso de accidentes con resultado de persoas feridas ou con vítimas mortais
Xulgados
- Realización de informes sobre busca e captura de persoas
- Citacións xudiciais
- Localización de persoas
Outros corpos de seguridade
- Colaboración coa Garda Civil
- Colaboración coa Policía Autonómica
- Colaboración coa Policía Nacional
- Colaboración con outras Policías Locais
Atención ao público
- Atención personalizada aos cidadáns en calquera asunto que estes soliciten
- Mediar nos conflitos particulares, cando así se solicita.
Empresas privadas
- Colaboración coas empresas radicadas no Concello, ou non, que necesitan dos servizos da Policía Local en temas como o transporte viario ou similares
- Colaboración coas empresas de construción na instalación ou retirada de guindastres de grandes dimensións, que se adoitan instalar como consecuencia do importante número de obras que se están a realizar no termo municipal
