Actualidade / Axenda /
Entroido: Martes carnavaleiro
Este evento xa tivo lugar fai 29 días
Lugar: Praza do Mercado
Ás 18.00 horas, festa de disfraces animado polo grupo "Nova Onda". Diversión para pequenos e grandes; o requisito indispensable é vir disfrazado para poder participar no sorteo de catro cestas de entroido (entre os adultos).
Ás 20.30 horas, degustación de doces típicos da festa do entroido: orellas, freixós, torradas, etc.; na elaboración participarán asociacións, ANPAS e todas aquelas persoas que queiran participar individualmente. Sorteo dunha cesta con productos típicos do entroido entre as/os participantes.
(Os doces levaránse á carpa instalada na Praza do Mercado a partir das 19.00 horas)
Martes 16 de Febreiro
